A Asociación Xuvenil Cherinkas reeditará a agardadísima Frikifesta de Vimianzo
• O evento será o 29 de outubro e o programa inclúe todo o que un friki e os seus achegados poden desexar.
• Pasarrúas, frikomida, frikiolimpiadas, gra-mola!, fotocoolpa e moitas sorpresas máis esperan ás hordas de seareiros que se achegarán á vila coruñesa.
• Para preservar a emoción, o misterio do programa non se revelará do todo ata o mesmo dia da celebración.
A II Frikifesta de Vimianzo está á volta da esquina. A Asociación Xuvenil Cherinkas traballou arreo para ter todo listo o día 29 ás 13.00h, cando a Charanga Fantástica abrirá a festa cun pasarrúas. A organización convida a todo o mundo a acudir disfrazado acorde co espírito desenfadado, participativo e humorístico do evento e a deixar a vergoña na casa.
As únicas actividades para as que se require inscrición previa son as frikiactuacións e a frikicomida. Asemade, quen queira anunciarse no chorritríptico -un tríptico das festas no que se reservará un espazo para que cadaquén anuncie as súas dotes frikis, antiheroicas ou de calquera tipo, previo pago de 2€- deberá enviar a información antes do día 26 de outubro.
As frikiactuacións, que comezarán ás 23.00h, prometen ser un torrente de creatividade individual e/ou colectiva de frikitemática libre, aínda que Cherinkas fai suxestións útiles para os indecisos: sketchs (Martes y 13, Faemino y Cansado, Buenafuente, Tricicle, cómic…), teatro, danza, cabaret, mimo, títeres, malabares, contacontos, monólogo, chistes, documental, streptease, anuncio TV, circo, aerobic, música (karaoke, parodia, actuación propia…), etc.
Asemade, co gallo de homenaxear o Samaín galego ou mesmo o Halloween externo recoméndase tamén vir cun disfraz xeitoso que represente os grandes mitos do frikismo dende a visión persoal de cada un: persoeiros dos programas do corazón, personaxes de películas-libros-debuxos-farándula inesquecibles, cantantes, etc.
Os horarios detallados da II Frikifesta son coma segue:
13:00 Inicio pasarrúas da Charanga Fantástica
14:30 Frikomida: Búfalo á arcilla (Casa Sabina)
18:00 Frikiolimpíadas (Praza do Concello)
20:30 Concurso show (Dialma Lounge)
23:00 Frikiactuacións (I) e Concursos Friki (II) (Celme)
02:00 Frikiactuacións (II) e Concursos Friki (II) (Mehari)
Podedes ver o vídeo promocional na seguinte ligazón:
http://www.youtube.com/watch?v=pGpQ0HJHcEU&feature=share
E unha mostra fotográfica da primeira edición nesta outra:
http://www.youtube.com/watch?v=BL_3MFFil_M&feature=related
Organiza:
A.X. Cherinkas
Para máis información:
Tlf.: 620596459
www.facebook.com/axcherinkas
cherinkasax@yahoo.es
www.facebook.com/axcherinkas
3ª XORNADA DE LIGA CARBALLO BASKET VS ARTEIXO
http://www.carballobasket.es
Santa Eufemia, que serán el 17 y el 18 de septiembre. El primer día estarán las orquestas Panorama, con su espectáculo Planet Tour 2011, y Metrópolis.
XiriaPop 16 e 17 de Setembro
O vindeiro sábado día 10 de Setembro a Comisión de Festas de A Barquiña en Ponteceso organizará a primeira edición do Ponteclásico coincidindo cas festas patronais. Máis Información no 686975331 Saúdos Adrián Pose
Os Milagros de Santa Catalina – Santa Comba 10 – Procesión Nocturna con antorchas y verbena con Menfis 11- Misas as 9,30-11 e 12 Pasarrúas coa Charanga Os Breas. Misa solemne e procesión as 13,00h Traca e sesioín vermouth con Nebraska. Pola tarde actuación da Charanga Vendaval. Verbena con Nebraska e Philadelphia e sesión de lumes artificiais
Romería Virxe da Barca, desde el 9 al 12 de Septiembre Romaría da Virxe da Barca 9- Sesión vermouth co grupo Trole Verbena con Trole- Limón- Metrópolis 10- Misa solemne e procesión 13:oo Sesión vermotuh con Samba Verbena con Samba-Tekila e Nueva Generación 11- Misa solemne e procesión(12,30) A maior traca de bombas de toda Galicia(14,30) Sesión vermouth con Galilea Verbena con Galilea – Costa Oeste Sesión de lumes de artificio as 00:30h. 12- Sesión vermouth con El Combo Dominicano Verbena con El Combo Dominicano – Panorama
Misa na honra de San Ramon Sesion Vermouth Orquesta Alarma Verbena Alarma
de 9 a 12
II PonteAventura Raid –Concello de Ponteceso-
O Club Bombeiros A Coruña, organiza o 3 de setembro en Ponteceso o II PonteAventura Raid, proba valedeira para a VII Liga Galega de Raids de Aventura.
As disciplinas que vai ter a proba son: trekking, btt e kayak, ademáis dunha proba especial. O percorrido ideal terá uns 80 km, con 2.300 metros de desnivel positivo. Constará de 4 seccións, repartidas así:
1.- btt-trekking-btt
2.- trekking
3.- btt
4.- trekking-kayak
Haberá dúas categorías: Élite (3 corredores sempre en carreira) e Aventura (2 corredores sempre en carreira e 1 relevo/asistencia).
Utilizaranse mapas topográficos 1:25000; 1:20000 e 1:10000.
Nesta proba poden participar todo o mundo maior de 18 anos, compoñendo un equipo de 3 persoas (ou 2 no caso de aventura sen relevo).
Xa está publicado o 1º boletín de información.
www.agaco.es
www.bomberoscoruna.com
contacto: adcbomberoscoruna@yahoo.es
www.agaco.es
As 13 horas, Misa na honra da Virxe das Dolores Sesion Vermouth con Combo Dominicano Verbena Combo Dominicano e Gran Orquesta
A partir das 21:00 horas comezo da xornada amenizada coa Charanga Mekanika
Festas de Xoane, Carballo
Feria de vehículos de ocasión nacional y de importación en Carballo, Capital de Bergantiños, a 30 kms de La Coruña. Desde las 10 de la mañana de los días 27 y 28 de Agosto, en el parque do Rego da Balsa, a un paso del centro comercial Haley de Carballo
Vienres 27 de Agosto. Por la mañana pasacalles a cargo de los gaiteiros de la Asociación Malante. A partir de las 11:00 se celebra en la playa de Area Maior de Malpica la X edición del Concurso de Barcalas y Castillos de Arena. Entre las 12:00 y las 14:00 el jurado nombrará a los ganadores de este año. A continuación sesión vermú a cargo de las orquestas "Marimba" y "Los Players" que también serán las encargadas por la noche de amenizar la verbena. Sábado 28 de Agosto. A las 18:00 de la tarde séptimo aniversario de la Asociación Cultural de su fundación. A la misma hora partido de fútbol entre el equipo local y el de Caión. Por la noche verbean a cargo del grupo "Nevada" y el grupo "D'Moda". Domingo 29 de Agosto. Por la mañana misa en honor a la Virgen del Carmen, cantada por la Coral de Malpica. Por la tarde a la las 17:30 saldrá la procesión marítima hasta las Illas Sisargas. La "Banda de Música de As Pontes" y la orquesta "Anduriña" serán las encargadas de amenizar la fiesta a lo largo de todo el día.
Feria de vehículos de ocasión nacional y de importación en Carballo, Capital de Bergantiños, a 30 kms de La Coruña. Desde las 10 de la mañana de los días 27 y 28 de Agosto, en el parque do Rego da Balsa, a un paso del centro comercial Haley de Carballo
I Carrera Dirt Track Concello de Carballo el Sábado 27 de Agosto en las inmediaciones del Centro Comercial Bergantiños - Haley
a partir de las 21:00 horas
El evento coincide en Carballo con la VI Edición de Berocasion, vehículos de ocasión en Carballo
http://www.cronoracing.net/modules.php?name=Forums&file=viewtopic&t=3038
La primera vez en la historia de la vela en esta comarca que se lleva acabo un CAMPEONATO GALLEGO. El campo de regatas se situara entre los castillos de corcubión A Meixenda. Inscrictos actualmente estan el Real Club Nautico de vigo con 6 embarcaciones, el Club Naútico de Villagarcia 3 embarcaciones, Club Nautico de Portosin 4 embarcaciones y el Club marítimo Carrumeiro con 2 embarcaciones una masculina y otra femenina. Tripulación Femenina: Alba Trillo Trillo (patrona) Maruxa Cernadas Leis (proel) Tripulación Masculina: Alex Romanos Pan (patrón) Francisco Canosa de Pazos (proel) PROGRAMA DEL CAMPEONATO GALLEGO FECHA HORA ACTO Viernes 26/08/11 10:00 a 11:00 horas. Apertura Oficina de Regatas. Registro de participantes. Entrega Instrucciones de Regata. 11:30 horas. 13:00 horas. Reunión de Entrenadores. Atención 1ª Prueba del día. Sábado 27/08/11 11:00 horas. Atención 1ª Prueba del día. Domingo 28/08/11 11:00 horas. 30 minutos después del plazo de protestas. 30 minutos después del plazo de protestas. Atención 1ª Prueba del día. Clausura – Entrega de Premios Clausura.- Entrega de Premios.
VIERNES 26 I MACROFESTIVAL DA XUVENTUDE "PRESA DO VAL" BAIÑAS (VIMIANZO) ESTARA FACTORY MUSIC DJ SON1C DJ MARCOS MAGAN DJ MANU LOPEZ DJ RAKSO DJ DAVID MUIÑO HABERA FESTA DA ESPUMA (1000 m3 de espuma) FESTA DA AGUA (100.000 litros de agua) DRAG QUEEN´S PERFORMANCE E MOITO MAIS E ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA FESTA SEN PARAR ATA POLA MAÑAN ACAMPADA E APARCADOIRO GRATUITO ENTRADA DE VALDE A MUSICA EMPEZARA A PARTIR DAS 20 HORAS. A DIVERSION ESTA ASEGURADA E SABADO 27: A PARTIR DAS 20 HORAS FESTA DO POLO CON DISCOTECA MOVIL PARA REMATAR ORGANIZA: ASOCIACION OS CAMPELOS DE BAIÑAS
Do 25 o 28 de Agosto en Carballo, Feira Literaria en Carballo. #prazadoslibros Xardin Municipal de Carballo O Concello de Carballo, desde a Concellaría de Cultura, organiza un ano máis a Praza dos Libros, que terá lugar desde o xoves 25 ao domingo 28 de agosto no Xardín Municipal da capital bergantiñá. O punto de partida está previsto para o xoves 25 ás 11.00 horas, coa inauguración ás 13.00 horas coa intervención da Concelleira de Cultura, Mar Eirís, do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e co pregón da moza escritora carballesa Rosalía Fernández Rial, autora dos poemarios "En clave de sol" e "Átonos". Ao longo dos catro días de feira haberá un intenso programa de actividades de difusión do libro e da lectura para todos os públicos, e serán presentadas dez novidades editoriais e un disco. Na Praza dos Libros haberá oito stands. Un do Concello de Carballo e sete librarías: Brañas e Trasgo (de Carballo), Como unha novela (da Laracha), A Tenda dos Libros (de Ponteceso), Roget (de Vimianzo), Couceiro (da Coruña) e Pedreira (de Santiago de Compostela). O horario de apertura das casetas é de 11.00 a 14.00 horas polas mañás e de 17.30 a 21.30 horas polas tardes. A Praza dos Libros, que se desenvolve a última fin de semana de agosto desde o ano 2006, está organizada polo Concello de Carballo, coa colaboración de Conservas Calvo. O programa principia o xoves 25 ás 19.30 horas. A escritora e ex presidenta da asociación ecoloxista Adega, Adela Figueroa, presentará o seu libro de contos "Madeira de mulher", e farao acompañada da ilustradora da obra, Celsa Sánchez, do membro de Adega Paco Graña e ao ritmo do acordeón diatónico de O'Mighelo. O mesmo día, ás 20.30 horas presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, presentará "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos", e estará acompañado do concelleiro de Normalización Lingüística de Carballo, Xosé Regueira, da lingüista Luz Cures e do editor Manuel Bragado. O venres 26 ás 19.30 horas, Xosé Neira Vilas presentará o seu último libro, "Penúltimo Dietario", acompañado da profesora e concelleira Silvana Castro, e do editor Manuel Bragado. A continuación, ás 20.15 horas, o propio Neira Vilas asinará exemplares das súas obras, como "Memorias dun neno labrego" (que cumpre 50 anos), "Cartas a Lelo", "Querido Tomás", "Aqueles anos do Monchos", etc. Para rematar o día, ás 20.30 horas, haberá unha conversa con Ignacio Silva, mozo carballés autor do libro "Cara B" e Rosalía Fernández Rial, moza carballesa autora do poemario "Átonos". O sábado 27 ás 12.30 horas, o historiador Xan Fraga presentará o seu libro "Luis Suárez. Fútbol de seda", e farao acompañado do concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, e do ex xogador internacional do Deportivo da Coruña Manolete. Xa pola tarde, ás 20.30 horas, o escritor Francisco Castro presentará a súa última novela, "In vino veritas", acompañado da tamén escritora María Canosa. E o último día, o domingo 28, ás 12.30 horas, o profesor Jorge Mira presentará "A ciencia no punto de Mira", acompañado polo xornalista Santi Garrido e polo profesor José María de la Viña. Xa pola tarde, ás 19.30 horas, o debuxante e autor dos Bolechas, Pepe Carreiro, presentaralles aos máis pequenos a súa nova serie de libros infantís, "A familia Caravana". A continuación, o escritor de Arteixo afincado na Laracha, Miguel Sande, asinará exemplares da súa última novela, "A vida fóra". E, para rematar, por primeira vez na Praza dos Libros tamén se presentará un disco, que é "Admirando a condición", do grupo Ses, liderado pola cantante de orixe carballés María Xosé Silvar, que fará un concerto en acústico acompañada da guitarra de Tito Calviño. O potente grupo Ses xa deu un exitoso concerto no Pazo da Cultura de Carballo en xullo de 2010. Animación para cativos e cativas Así mesmo, todos os días na Praza dos Libros haberá moita, moita animación para os/as máis peques. Xa o xoves 25 pola mañá estará a Ciclobiblioteca, con contacontos espontáneos, e ás 18.30 horas haberá un contacontos de Anxo Moure, "Caramulo, o xinete das árbores". O venres 26 pola mañá tamén haberá contacontos, "Conto contigo", a cargo de Expresión, e ás 18.30 horas terá lugar o espectáculo infantil "Contos para escagharriñarse", coa magnífica posta en escena dos Gazafelhos. O sábado 27, ás 19.30 horas, haberá monicreques, "Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón", por parte de Títeres Viravolta. E, o domingo 28, pola mañá tamén haberá contos espontáneos na Ciclobiblioteca, e pola tarde, ás 18.30 horas, os "Contos no tendal", de Raquel Queizás. Por último, hai que se alimentar coa palabra, mais tamén con patacas, queixos, froita... Ao lado dos libros estarán os mellores produtos da zona, pois o xoves 25 e o domingo 28 pola mañá a Praza dos Libros convivirá coa Feira Tradicional de Carballo, con compra, venda e difusión dos mellores produtos alimentarios locais e de tempada. Os interesados e interesadas en consultar o programa de actividades ao completo, poden facelo nesta mesma nova.
San luis de a pereira actuán orquesta aché e grupo ciclón , o grupo ciclón cumple 20 anos na nosa festa e fan a festa dos fans e van traer camras pa grabar a festa e fans de toda galicia.
Romería de Moraime - Muxia
La parroquia de Baldaio y la plaza del Mercado de Cee ofrecerán a sus visitantes la posibilidad de degustar berberecho a precios populares, preparado de diversas formas. Mañana A partir de las 13.00 en Carballo, y de las 20.30 en Cee.
Feira de Oportunidades en Ponteceso
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/08/18/0003_201108C18C2997.htm
El polígono de Bértoa (Carballo) acogerá este sábado una nueva edición, la tercera, del Circuito de Bicicleta de Montaña, que tendrá 12 horas de duración. Es una prueba singular y diferenciada, que ha ido ganando protagonismo año tras año, y tiene un carácter tanto competitivo como lúdico, de velocidad libre, ya que su principal objetivo es que la gente se anime a participar. Sin embargo, acudirán también importantes figuras del ciclismo, como Marco Antonio (Oviedo), José Ramón Villanueva (Ourense) o Aída Nuño (Oviedo), entre otros.
Festa folk en Fisterra
Comezan xa o Venres 19
Hoxe martes 16, as festas rematarán con pasarrúas coa Banda Unión Musical de Ponteledesma e a charanga NBA. Sesión vermú coa orquestra Solara, e verbena con Solara e unha gala musical con Coti e La Guardia. Tamén haberá un musical dos anos oitenta e un grupo pop de Galicia.
Festas de Bertoa

