Principais acontecementos
Created by cestevezf on Feb 27, 2011
Last updated: 03/03/11 at 03:33 AM
Tags: Historia España
Unión Europea
Organismo internacional constituído actualmente por 27 membros, que son os seguintes países: Bélxica, Bulgaria, República Checa, Dinamarca, Alemaña, Estonia, Grecia, España, Francia, Irlanda, Italia, Chipre, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Hungría, Malta, Países Baixos, Austria, Polonia, Portugal, Rumania, Eslovenia, Eslovaquia, Finlandia, Suecia e Reino Unido. Así mesmo, son países candidatos a Antiga República Iugoslava de Macedonia, Croacia e Turquía. Os seus principais obxectivos son potenciar un desenvolvemento económico e social equilibrado, establecer unha política exterior e de seguridade común, protexer os dereitos e intereses dos cidadáns dos países membros e cooperar no ámbito da xustiza e dos asuntos de interior, e alcanzar unha unión económica e monetaria
http://europa.eu/europago/index.htm
A Constitución española de 1978 é a norma suprema do ordenamiento xurídico do Reino de España, á que están suxeitos os poderes públicos e os cidadáns de España,1 en vigor dende o2 9 de diciembre de1978.
A Constitución foi ratificada e nreferéndum o 6 de decembro de 1978, sendo posteriormente sancionada polo Rei o 2 7 de decembro e publicada no Boletín Oficial do Estado o 29 de decembro do mesmo ano. A promulgación da Constitución implicou a culminación da chamada Transición Española, que tivo lugar como consecuencia da morte, o 20 de noviembre de 1975, do anterior Xefe do Estado, o Xeneral Francisco Franco, precipitando unha serie de acontecementos políticos e históricos que transformaron o anterior réxime franquista nun Estado Social e Democrático de Dereito, baixo a forma política de Monarquía Parlamentaria.
http://clic.xtec.cat/db/jclicApplet.jsp?project=http://clic.xtec.cat/projects/consti/jclic/consti.jclic.zip&lang=es&title=La+constitución+para+niños
Coñécese como ditadura de Francisco Franco, ditadura de Franco, ditadura franquista ou franquismo, ao período da historia de España correspondente co exercido polo xeneral Francisco Franco Bahamonde, isto é dende o final da Guerra Civil Española en1939, ata a súa morte e sucesión en 1975. 4A súa ampla dimensión temporal e a marcada presenza do propio Franco en toda ela fai que a miúdo se utilice para designala a expresión era de Franco.5 Nos anos 40 a ditadura militar afianzouse mediante a represión política e económica dos opositores e mantivo unha política económica baseada na autarquía, provocada pola Segunda Guerra Mundial, na que a ditadura franquista tivo unha participación favorable á Alemania nazi mediante o envío da División Azul, un corpo de voluntarios que serviu no ejército alemán contra a Unión Soviética. Esta conivencia e colaboración coas potencias totalitarias (Alemaña, Italia, …), conduciu ao illamento internacional trala derrota destas en 1945, promovido polos aliados no seo da recén creada ONU.
Co nome de Segunda República Española coñécese o período político da historia de España comprendido entre o 14 de abril de1931 (data da proclamación do sistema republicano como forma de organización do Estado en substitución da monarquía) ao 1 de abril de 1939 (data do final daGuerra Civil Española que deu paso á dictadura del Xeneral Franco). O numeral «segunda» obedece á necesidade de distinguilo do anterior período republicano que houbo, coñecido como Primeira República Española, que se desenvolveu entre 1873 y 1874.
Durante este período leváronse a cabo diversas reformas, como a agraria e a educativa. A Constitución de 1931 foi a primeira constitución democrática de España e o país modernizouse en comparación co ámbito europeo. Foi tamén un período convulso, con varias folgas e un enfrontamento moi grave durante a revolución de 1934, cando a dereita máis tradicionalista se propuxo modificar todos os avances republicanos e se atopou cunha fortísima resposta social duramente reprimida. En1936, o golpe de Estado dunha parte do exército co apoio das forzas máis reaccionarias desembocou na Guerra Civil Española e o fin da república e do sistema democrático.
http://es.wikipedia.org/wiki/Segunda_Rep%C3%BAblica_Espa%C3%B1ola
A Primeira República Española foi o réxime político que houbo enEspaña dende a súa proclamación polas Cortes, o 11 de febrero de1873, ata o 29 de diciembre de 1874, cando o pronunciamento do xenera lMartínez Campos deu comezo á Restauración borbónica en España.
As guerras de independencia hispanoamericanas foron unha serie de conflitos armados que se desenvolveron nas colonias españolas en América a principios do siglo XIX, nos cales se enfrontaron os partidarios de establecer novas nacións independientes contra as autoridades virreinales do Rey de España Fernando VII e os partidarios da Monarquía española. As guerras de independencia tiveron tanto o carácter de guerra civil como de guerra internacional (entre nacións).
A Constitución española de 1812, tamén denominado La Pepa, foi promulgada por as Cortes Generales de España o 19 de marzo de1812 en Cádiz. A súa importancia histórica é grande, ao tratarse da primeira Constitución promulgada en España, ademais de ser unha das máis liberais do seu tempo. Respecto á orixe do seu sobrenome, a Pepa, foi promulgada o día de San José, de onde viría o sobrenome de Pepa.
A Guerra da Independencia Española ou Guerra do Francés foi un conflito armado xurdido en1808 pola oposición de España á pretensión do emperador francés Napoleón I de instaurar e consolidar no trono español ao seu irmán José Bonaparte, en detrimento de Fernando VII de España, desenvolvendo un modelo de Estado inspirado nos ideais bonapartistas.

