Rocio's personal timeline, a place to collect and share things from Rocio's life.
Created by rociomendez on Mar 5, 2011
Last updated: 03/05/11 at 01:14 AM
rocio m. has no followers yet. Be the first one to follow.
DEPORTE: Teresa Portela Sabela Hidalgo Cristina Fernández Cid Begoña Fernández MÚSICA Cristina Pato Mercedes Peón Susana Seivane POLÍTICA Carmen Fraga Estévez Elena Salgado Elena Espinosa CIENTÍFICAS Ángeles Alvariño Margarita Salas María Josefa Wonenburger Catalina Fernández de Ana MEDICINA Olimpia Valencia Jimena Fernández de la Vega
Xulia Minguillón é pintora e naceu en Lugo en 1906. Con 9 anos mandárona a Burgos a estudar cunha tía, e no colexio mofábanse dela polo seu acento galego. Unha das súas obras máis importantes é a "Escola das Doloriñas" pola que recibiu un premio que por 1ªvez lle outorgaron a unha muller
Maruja Mallo é unha pintora nada en Viveiro, na provincia de Lugo en 1902. Foi unha muller moi adiantada para a súa época, porque loitou contra costumes que lle quitaban liberdade ás mulleres, como levar obrigatoriamente sombreiro para saír á rúa. Tras finalizar a ditadura de Franco recibiu un importante recoñecemento polo seu traballo e ata Madonna ten cadros pintados por ela na súa casa.
De pequena gustáballe moito a lectura e empezou a escribir moi pronto pero por desgracia a xente da época non aceptaba ben ás mulleres escritoras e foille moi difícil conseguir que recoñecesen o valor dos libros que escribiu.
Concepción Arenal Escritora galega do sécullo XIX nada en Ferrol. Foi a primeira muller galega en ir á Universidade, eso sí, disfrazada de home. Moitas das obras que escribiu buscaban loitar polos dereitos da muller, xa que non tiña os mesmos dereitos ca os homes.
Rosalía de Castro, poetisa e escritora galega. Na súa época o galego pasaba un momento moi malo, coñecido como os SÉCULOS ESCUROS e corría o risco de desaparecer. A súa obra máis coñecida é "Cantares gallegos" un libro cheo de morriña porque naqueles momentos vivía afastada da súa terra.
Isabel Barreto foi a primeira muller almirante da mariña. Xunto co seu marido, partiu cara o Pacífico e descubriu o arquipélago das illas de San Cruz.
María Pita defendeu a cidade de A Coruña alá polo 1589 contra os piratas ingleses.
María Castaña viviu en Lugo na terra de Lemos no século XIV e foi a cabecilla dunha revolta popular contra a igrexa polos abusivos impostos que cobraba o bispo
PARTEIRAS: Axudan ás mulleres a parir porque os médicos din que a eles non lles corresponde ese traballo. Saben moito sobre herbas e brevaxes, o que ás veces lles leva a ter problemas porque asocian esto coa maxia e a bruxería. O seu soldo é moi pequeniño e cando axudan aos pobres nin sequera cobran un céntimo. AS SANADORAS: O seu traballo é coma o dos médicos de hoxe en día! A xente respecta a estas mulleres pero ao mesmo tempo tenlles medo porque ás veces pensan que os rituais que fan satánicos

