Os premio nobeles de literatura concedidos ás mulleres
Created by xmlores on 14/02/2011
Last updated: 16/03/11 at 16:13
Tags: literatura premios nobel mulleres
Literatas nobeles has no followers yet. Be the first one to follow.
Herta Müller (2009). É unha escritora romanesa, nada en 1953, de nacionalidade alemá. Destaca polos seus relatos acerca das durísimas condicións de vida en Romanía baixo o réxime de Nicolae Ceauşescu. Foi galardoada co premio Nobel de Literatura en 2009 pola súa capacidade para describir "a paisaxe dos desposuídos"
http://www.abc.es/20100628/cultura-libros/herta-muller-201006281756.html
Doris Lessing (2007). Irán, 1919. Reside en Londres. Retrata os conflitos culturais e as inxustizas sociais e políticas. A súa obra máis coñecida, El cuaderno dorado, elevouna a icona do feminismo.
http://www.elpais.com/articulo/cultura/Doris/Lessing/encantada/sorprendida/Premio/Nobel/Literatura/elpepucul/20071011elpepucul_5/Tes
Elfriede Jelinek (2004) Austria (1946). Autora de teatro, ensaio e novela, a súa obra entre a prosa e a poesía, fai unha dura crítica á discriminación da muller.
http://www.solodelibros.es/01/12/2005/deseo-elfriede-jelinek/
Wislawa Szymborska (1996) Polonia (1923). Poeta de orixe polaca inspirada inicialmente polas ideas igualitarias do comunismo, ideoloxía que después rexeitou para crear un mundo máis persoal.
http://www.poeticas.com.ar/Directorio/Poetas_miembros/Wislawa_Szymborska.html
Toni Morrison (1993). EEUU (1931). Novelista americana que denuncia a discriminación exercida sobre a poboación negra nos Estados Unidos. Entre as súas obras destacan "Sula", "Jazz" e "Hija amada", esta última foi levada ao cine.
http://www.epdlp.com/escritor.php?id=2068
Nadine Gordimer (1991) . Escritora sudafricana nada en 1923, moi sensibilizada co apartheid e a discriminación, situaciónsque denuncia en toda a súa obra. Dos seus títulos destacamos "La historia de mi hijo", "Un mundo de extraños" e "Ocasión para amar"
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/g/gordimer.htm
Nelly Sachs (1966). Alemania, 1891-1970. De orixe xudía, é unha gran poeta que centra a súa obra na historia do pobo hebreo.
http://www.epdlp.com/escritor.php?id=2251
Gabriela Mistral (1945). Chilena (1889-1967). foi educadora, autora de ensaios e poeta. Neruda ou Octavio Paz recoñecen o seu influxo
http://amediavoz.com/mistral.htm
Pearl S. Buck (1938). Novelista americana (1892-1973) moi influenciada pola literatura chinesa. Na súa obra La buena tierra retrata con fidelidade a súa estancia na China.
http://es.wikipedia.org/wiki/Pearl_S._Buck
Sigrid Undset (1928) Norueguesa (1882-1949). Especializada na historia medieval do seu país. As súas obras máis destacadas son Kristin Lavransdotter a tetraloxía El señor de Hestviken.
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/u/undset.htm
Grazia Deledda (1926) . Novelista italiana (1871-1936) que realiza un retrato fidedigno da sociedade da súa época. Destacan as súas obras La Madre e Cósima (autobiográfica) .
http://www.escritorasypensadoras.com/fichatecnica.php/32
Selma Lagerlöf (1909). Novelista sueca 1858-1940 especializada na mitoloxía, as lendas e o sobrenatural. Auténtico baluarte da literatura sueca de todos os tempos.
http://www.molinodeletras.net/SELMA.pdf

